Observando unha pista de carreiras de xoguete, ocorréuseme este pequeno proxecto. Trátase dun sistema de xestión de carreiras caseiro xestionado por Arduino, ao que irei engadindo funcionalidades (se teño tempo e por diversión).
NOTA: ao empregar sensores magnéticos, este método non funciona con coches sen imán.
No meu caso, a pista (un Scalextric © Original C1 de dous carrís) xa inclúe na liña de meta dous sensores magnéticos, polo que só tiven que desmontar a pista e observar as conexións. Medindo a continuidade cun multímetro puiden determinar que o conector RJ12 (6 pines) que inclúe a miña pista funciona da seguinte maneira:
A fonte de alimentación utilizada polo circuito da 14V en continua, polo que deberemos reducila para poder utilizala como tensión de entrada do Arduino (entre 7 e 12 voltios). Para iso podemos montar un circuito divisor de tensión con dúas resistencias (se son de igual valor, dividirán a voltaxe á metade).
Finalmente, debemos pensar nos compoñentes a utilizar. Cunha pouca visión de futuro fixen unha montaxe con display LCD, pulsadores, un semáforo de leds e un zumbador. Só queda darlle á imaxinación á hora de programalo.
Sara Aguado Couselo (2019)