Organización GPUL School 2018-2019
GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux) é unha asociación universitaria nada no 1998 na FIC (Facultade de Informática da Coruña). Somos un grupo de entusiastas polo Software Libre conformado por estudantes, profesionais e xente interesada pola cultura libre.
A proposta dos GPUL SCHOOL é a de acercar ós alumnos máis noveis e a usuarios menos técnicos ó mundo do software libre e as tecnoloxías libres. Iniciacións a lenguaxes de programación, uso de diferentes ferramentas de traballo libres ou como configurar o teu sistema. Adquire coñecementos que che serán utiles o longo da carreira e a túa vida profesional mentres te introduces o Software Libre.
Podes poñerte en contacto connosco a traves do email info@gpul.org ou buscarnos no noso despacho da FIC na planta 0.
Tamén podes encontrarnos na nosa páxina web e nas nosas redes sociais.
Twitter: @gpul_