Skip to content

Latest commit

 

History

History
113 lines (91 loc) · 5.5 KB

velocistas_gl.md

File metadata and controls

113 lines (91 loc) · 5.5 KB
layout title
regulamento_gl
Regulamento de Velocistas

Regulamento de Velocistas

  • Revisión 2 (2018): vixente dende OSHWDem 2018
Obxectivo

Un robot participa para ser o máis veloz dun circuito. Cada robot ten dous intentos para completar o percorrido e terase en conta para a clasificación únicamente o menor dos seus tempos. Cada intento constará de tres voltas ao circuito. O regulamento detállase a continuación.

Zona de competición
  • A zona de competición será un espazo que consiste nunha lona branca cun trazado sobre a mesma.
  • Entre o borde exterior da lona e o trazado haberá unha marxe libre de obstáculos de polo menos 10 cm.
  • Esta zona de competición é de uso exclusivo dos xuíces e os construtores de cada equipo, que deberán situar o robot no circuito ao comienzo da competición debendo retirarse acto seguido da zona de competición.
  • A zona de competición pode presentar pequenas irregularidades debidas á naturaleza da mesma, que trataranse de minimizar na medida do posible.
Trazado
  • O trazado ou percorrido do circuíto é pechado, os puntos de saída e chegada son o mesmo.
  • O trazado será de cor negra. Terá unha lonxitude aproximada de entre 8 e 10 metros, cun ancho de liña de 20 milímetros e servirá como guía de navegación para os robots.
  • O trazado inclúe rectas e curvas de diferentes radios.
  • O radio mínimo de curva é de 40 centímetros.
  • Os sensores utilizados nos robots para detectar a pista deberán poder configurarse in-situ para evitar posibles variacións nas magnitudes absolutas dos seus parámetros posto que a pista poderá estar iluminada con diferentes niveis de intensidade luminosa.
Regulamentación para os robots
  • A masa total dos robots debe ser inferior a 2000 gramos e as súas dimensións non deben superar a superficie dun folio tamaño A4 (210 x 297 mm), e cunha altura máxima de 130 milímetros.
  • O funcionamento do robot debe ser completamente autónomo unha vez dea comezo o seu percorrido. Pódese utilizar calquer método de control, sempre e cando estea integrado enteiramente no robot e non reciba sinais o indicacións externas de calquera tipo.
  • As rodas dos robots no deben tener ningunha substancia pegañenta e/ou que dane ou ensucie a pista.
  • As rodas dos robots poden conter substancias adherentes, limitándose unicamente a aquelas destinadas específicamente ó modelismo ou slot. Cualquer exceso de adherente que ensucie a pista, invalidará o intento para o robot. O xuíz realizará comprobacións, previas a cada intento, sobre un folio branco que no poderá quedar pegado nas rodas do robot nin deixar rastros de suciedade.
  • O robot pode aprender ou memorizar o trazado do circuito de xeito autónomo unha vez comeza a competición. Non se permite aprender o memorizar o circuito nin programar as súas dimensións nas fases previas á competición ou durante as fases de proba do circuíto.
  • Non se poderá reprogramar ou modificar o firmware do robot unha vez dea comezo a competición. Si será posible realizar pequenos axustes no hardware sempre nun tempo inferior a 20 segundos (baterías, potenciómetros, axuste de sensores).
  • Os robots deben funcionar únicamente coa enerxía proporcionada por pilas ou baterías eléctricas integradas no propio robot.
Desenvolvemento da proba e puntuación
  • Tódolos robots deberán presentarse para a súa verificación á hora de comezo da proba.
  • Os robots competirán en estrito orde de inscripión.
  • Cada robot terá dous intentos para completar a proba e contará para a clasificación únicamente o menor dos tempos. Cada intento consistirá en tres voltas completas ó circuito e sen pausa entre elas.
  • O inicio de cada intento, o robot deberá situar a sua parte máis adiantada na posición de saída sen sobrepasar esta.
  • O cronómetro de tempo pórase en marcha co primeiro movemento do robot e deterase ao finalizar a terceira volta.
  • O robot que salte parte do percorrido e non siga a liña perderá ese intento e non será contabilizado o seu tempo.
  • Os tres robots gañadores serán os que obteñan, por orde, os tres mellores tempos da clasificación.

Xuíces

Na sala haberá en todo momento unha persoa identificada como “xuíz principal” e será a encargada de comunicar calquera decisión final con respecto ao desenvolvemento da competición e interpretación das normas.

Outras persoas poden estar identificadas como “xuíz asistente” e axudarán ao xuíz principal nas tarefas que teña delegadas.

O participante sempre se debe dirixir ao xuíz principal para calquera reclamación ou aclaración das normas. Entón, se o xuíz principal o estima oportuno, pode redirixir ao participante a un xuíz asistente.

As decisións finais sempre as tomará o xuíz principal.

Recursos de interese

Esta obra está baixo unha licenza de Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional (CC-BY). Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional.